Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5 BX 3º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tema 5 BX 3º ESO. Mostrar todas las entradas
sábado, 10 de marzo de 2012
Recursos TIC Bioloxía 3º ESO
No seguinte enlace (Pica Aquí) atoparedes unha serie de actividades interactivas sobre o Sistema Nervioso. Ademáis de resolvelas podedes correxilas online.
Neste outro enlace (Pica Aquí) as actividades son do Sistema Endócrino.
É un boa ferramenta de Repaso.
Homúnculos Cerebrais, que Son?
O termo homúnculo (do latín homunculus, 'homiño') é o diminutivo do dobre dun humano e úsase frecuentemente para ilustrar o misterio dun proceso importante en alquimia. No sentido hermético é un actor primordial incognoscible, pode ser visto como unha entidade ou axente. O proceso para crear esta entidade é simbólico para os alquimistas.
O termo parece ter sido usado por primeira vez polo alquimista Paracelso, quen unha vez afirmou ter creado un homúnculo ao intentar encontrar a Pedra Filosofal. A criatura non tería medido máis de 30 centímetros de alto e facía o traballo normalmente asociado cos golems. Non obstante, tras pouco tempo, o homúnculo se volvía contra o seu creador e fuxía.
A receita para crealo consistía nunha bolsa de carbon, mercurio, fragmentos de pel ou pelo de calquera humano ou animal do que o homúnculo sería un híbrido. Todo isto había de enterrarse rodeado de esterco de cabalo durante corenta días, tempo no cal o embrión estaría formado no seo da Terra.
Vídeo explicativo.
miércoles, 7 de marzo de 2012
Power Point Tema 5 Bioloxía 3º ESO
Déixovos o Power Point do Tema 5 : Sistemas Nervioso e Endócrino de Bioloxía de 3º ESO.
lunes, 5 de marzo de 2012
Un Cerebro Superdotado...Daniel Paul
Curioso documental onde podemos observar de preto as magníficas cualidades do cerebro de Daniel Paul... unha persoa que debido a súa grande intelixencia e capacidade intelectual é obxecto de estudo por moitos cientificos...
O vídeo corresponde a primeira parte do documental.
O vídeo corresponde a primeira parte do documental.
Funcionamento do noso Cerebro
O noso Cerebro é o órgano que nos diferenza do resto dos seres vivos do Planeta. A complexidade do seu funcionamento fai que o seu estudo, ainda hoxe, sexa unha área científica en constante evolución e de novos descubrimentos.
No seguinte vídeo, explícannos como funciona ese órgano tan importante para nós. Corresponde a unha parte dun documental titulado "El Cerebro, un Universo dentro de Nosotros"
No seguinte vídeo, explícannos como funciona ese órgano tan importante para nós. Corresponde a unha parte dun documental titulado "El Cerebro, un Universo dentro de Nosotros"
domingo, 4 de marzo de 2012
As Meninxes
As meninxes son as membranas de tecido conectivo que, a xeito de plástico, cobren todo o sistema nervioso central nas membranas do cranio.
As 3 meninxes son a duramadre (paquimeninxe ou externa), aracnoides e piamadre (leptomeninxe ou interna), mais os espazos epidural (entre o estoxo osteoligamentoso -cranio ou caquis- e a duramadre),subdural e subaracnoideo.

O espazo epidural é aproveitado na medula para inxectar anestésicos locais conseguindo anestesia temporal do abdome e membros inferiores.
No seguinte vídeo explícannos a importancia e anatomía destas capas protectoras do SNC.
miércoles, 29 de febrero de 2012
O Cerebro Humano
O Cerebro é unha das partes que conforman o ENCÉFALO.
Para facervos unha idea de como funciona, déixovos un vídeo que corresponde a unha das partes da Miniserie/Documental titulada "Cuerpo Humano al Límite", emitido por Discovery Channel composto por 4 Episodios.
É a parte máis voluminosa deste e nel procésase toda a información recollida polos órganos dos sentidos, ademáis de gardar lembranzas, ser a fonte creatividade, personalidade, intelixencia, capacidades, etc...
Está sempre activo, pero tamén hai unha parte del que precisa descansar...hai unha parte do noso cerebro que se "desactiva" mentres durmimos. O sono é imprescindible para o bo funcionamento do noso cerebro.
Está sempre activo, pero tamén hai unha parte del que precisa descansar...hai unha parte do noso cerebro que se "desactiva" mentres durmimos. O sono é imprescindible para o bo funcionamento do noso cerebro.
Para facervos unha idea de como funciona, déixovos un vídeo que corresponde a unha das partes da Miniserie/Documental titulada "Cuerpo Humano al Límite", emitido por Discovery Channel composto por 4 Episodios.
martes, 28 de febrero de 2012
A NEURONA
As Neuronas son as células do sistema nervioso. Hai millóns no noso organismo.
No seguinte vídeo explícannos tanto a historia do seu decubrimento coma a súa anatomía e fisioloxía.
Moi completo.
No seguinte vídeo explícannos tanto a historia do seu decubrimento coma a súa anatomía e fisioloxía.
Moi completo.
A importancia das neuronas
O seguinte vídeo móstravos a imporancia da actividade das neuronas no noso organismo, en calquera actividade que realicemos.
Está en inglés con subtítulos.
Está en inglés con subtítulos.
miércoles, 22 de febrero de 2012
Bioloxía 3º ESO Tema 5: Sistemas Nervioso e Endócrino
Estudaremos dous sistemas con funcións complementarias, dentro do noso organismo: O NERVIOSO e o ENDÓCRINO.
Como introducción ao Tema, este vídeo mostra a importancia e complexidade do órgano que coordina todas as nosas accións e emocións: O CEREBRO.
Como introducción ao Tema, este vídeo mostra a importancia e complexidade do órgano que coordina todas as nosas accións e emocións: O CEREBRO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)