SLIDER

Mostrando entradas con la etiqueta TICS 2016/17. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TICS 2016/17. Mostrar todas las entradas

domingo, 25 de diciembre de 2016

Entevista en "Súbete a mi nube" a Chema Alonso

sábado, 22 de octubre de 2016

Fallo de Sistema - 16/10/16

Por fin chegaron as Play Station VR ao mercado, o dispositivo que parece o escollido para democratizar o Metaverso e que xunto coa PS4 convírtese no candidato ideal para traer a realidade virtual ao salón...todo isto e moito máis nun novo programa de Fallo de Sistema.

Preme na Imaxe para escoitar o programa

domingo, 16 de octubre de 2016

CANTOS ELEMENTOS TEN UN IPHONE?


Segundo os datos do Ames Laboratory, un laboratorio de materiais do departamento de Enerxía de Estados Unidos, un iPhone ten ao redor de 75 elementos químicos, un terzo de todos os que ten a táboa periódica.

A maioría non proceden do país. Os máis caros e importantes, coñecidos como terras raras, chéganlle á empresa desde China, onde se produce o 85 por cento desta materia prima a nivel mundial. 
Son elementos como o neodimio, que se utiliza para fabricar imáns; e o lantano, que está na lente da cámara. O hafnio, sen ser unha terra rara, é un metal menos común que estas e sen o que non funcionarían os transistores do teléfono.


sábado, 15 de octubre de 2016

Tema 2 TICS: HARDWARE DE UN ORDENADOR (II)

Para descargar os apuntes preme na Imaxe


Fallo de Sistema Radio3


Trátase dun programa de divulgación científica onde os videoxogos son unha industria cultural e baixo o prisma de Radio 3, configurando unha constelación singular chea de ciencia, ficción, tecnoloxía, cómics, literatura e cinema.



Dito doutro xeito: revista semanal para geeks, amantes da ciencia e/ou ficción, curiosos en xeral e ensoñadores virtuais empedernidos a través dos cómics, o cinema, a literatura e, por suposto, dos videoxogos.

Emítese os Domingos de 12 a 13 h...por suposto en Radio3.




Como mostra da temática deste programa déixovos o podcast do último programa:

jueves, 13 de octubre de 2016

Tema 1 TICS: HARDWARE DE UN ORDENADOR (I)

Para descargar o arquivo preme na Imaxe


Imprimen en 3D unha minifurgoneta de repartición


O construtor xaponés Honda colaborou coa empresa Kabuku para levar a cabo o prototipo dunha minifurgoneta monopraza que incorpora un motor eléctrico e posúe unha carrocería realizada con tecnoloxía de impresión 3D.

A solución Rinkak de Kabuku permite a fabricación dixital, baixo demanda, de produtos personalizados que poidan satisfacer as necesidades dos seus clientes, atendendo ao deseño, a enxeñería e a fabricación que estes precisen.

Honda encargouse do desenvolvemento técnico do grupo motopropulsor e do chasis tubular desta minifurgoneta; mentres que case todas as pezas da carrocería levounas a cabo Kabuku usando unha impresora 3D.

Así é como viu a luz este deseño orixinal, monopraza e cun maleteiro amplo para levar a carga, que se deu a coñecer recentemente no marco de CEATEC, unha feira na que as empresas tecnolóxicas xaponesas mostran os seus últimos avances e que se celebra no complexo Makuhari Messe, en Chiba.

miércoles, 12 de octubre de 2016

AMD presentou Zen




AMD presentou a súa nova arquitectura de alto rendemento Zen. Segundo os executivos da compañía Zen ofrece unha mellora do 40 % no ciclo de instrucións por reloxo en comparación co núcleo da xeración anterior de AMD, sen aumentar o consumo enerxético.

Esta nova familia alimentará e potenciará servidores, redes e solucións de almacenamento para data centers, ata notebooks e PCs de escritorio, para consumidores hogareños, empresariais e tamén para gamers, por exemplo, potenciando xogos 4K.





"Hoxe os consumidores esperan obter o máximo rendemento dos seus sistemas para crear experiencias transformadoras. O deseño versátil de Zen ofrece un rendemento de alta eficiencia que proporcionará aos usuarios unha maior capacidade de cómputo e procesamento", dixo Linley Gwennap, analista principal de Linley Group.