SLIDER

domingo, 16 de octubre de 2016

CANTOS ELEMENTOS TEN UN IPHONE?


Segundo os datos do Ames Laboratory, un laboratorio de materiais do departamento de Enerxía de Estados Unidos, un iPhone ten ao redor de 75 elementos químicos, un terzo de todos os que ten a táboa periódica.

A maioría non proceden do país. Os máis caros e importantes, coñecidos como terras raras, chéganlle á empresa desde China, onde se produce o 85 por cento desta materia prima a nivel mundial. 
Son elementos como o neodimio, que se utiliza para fabricar imáns; e o lantano, que está na lente da cámara. O hafnio, sen ser unha terra rara, é un metal menos común que estas e sen o que non funcionarían os transistores do teléfono.


No hay comentarios:

Publicar un comentario