Poucas cousas espertan tanta expectación como a procura de extraterrestres. Por iso, cando en 2015 a investigadora Tabetha (Tabby) Boyajian detectou o estraño patrón de luminosidade da estrela KIC 8462852, moitos entusiastas saltáronse o principio da navalla de Ockham. No canto de explicar o fenómeno coa presenza dun cinto de asteroides diante da estrela ou algunha causa na física de KIC 8462852, moitos preferiron pensar na hipótese de que diante dela había nin máis nin menos que unha súperestructura alieníxena.
Podería ser. Por iso, a prestixiosa Universidade de Berkeley puxo ao proxecto «Breakthrough Listen», unha iniciativa privada, a buscar sinais de radio procedentes dunha civilización alieníxena na estrela KIC 8462852, tamén coñecida como estrela de Tabby. Tal como informou esta universidade nun comunicado, para iso usará ao telescopio máis potente do mundo para esta tarefa, o «Green Bank», cun prato de 100 metros de diámetro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario