SLIDER

jueves, 28 de febrero de 2019

Composición centesimal - ejemplo

miércoles, 20 de febrero de 2019

Cal foi a primeira consola da historia?



Pong, o famoso xogo arcade de ping- pong lanzado por Atari en 1972, sinala a data na que delimitamos a primeira videoconsola da historia, aínda que uns meses antes. A compañía Magnavox lanzou a súa Magnavox Odyssey, un sistema de videoxogos para o fogar baseado nun prototipo inventado por Ralph Baer.

Como a Odyssey tiña capacidades gráficas limitadas e só mostraba uns pequenos bloques brancos e unha liña vertical na pantalla, Magnavox incluía superposiciones de cor translúcidas para proporcionar configuracións e deseños para os xogos. Tal vez o máis sorprendente para os xogadores actuais é que a Odyssey tamén viña con accesorios de xogos non electrónicos, como dados, barallas de cartas, diñeiro ficticio e fichas de póker. 

Posiblemente incluíronse estes accesorios para facer que a consola se parecese máis aos xogos físicos que existían nese momento...ler máis.

martes, 19 de febrero de 2019

Como desmontar os argumentos dos antivacunas

Agora sabemos que as vacinas son inequivocamente boas, pero a medida que se refuta un mito sobre as vacinas, parece que outro toma o seu lugar.

Unha das preocupacións máis comúns nestes momentos por parte dos pais -cando se trata de vacinar aos seus fillos- é a suxestión de que administrarlle ao neno un número múltiple de vacinas, xa sexa ao mesmo tempo ou nun curto período de tempo, pode atafegar o sistema inmunitario. Para un pai que saiba pouco sobre o tema, pode parecer unha preocupación convincente.

O certo é que existe moita investigación que demostra que isto non é certo, e un recente estudo publicado na Revista da Asociación Médica Estadounidens, proporciona máis evidencia aínda que confirma que este extremo. 
A conclusión do traballo é tan tallante como sinxela: Os nenos que reciben múltiples vacinas a unha idade temperá non teñen máis probabilidades de enfermarse en comparación cos nenos que non están vacinados.

"Algúns pais están preocupados de que as vacinas múltiples na primeira infancia puidesen danar o sistema inmunológico dos seus fillos, facéndoos máis susceptibles a futuras infeccións", explica o autor principal Jason Glanz nun comunicado. "Este novo estudo suxire que a teoría de sobrecargar o sistema inmune dun bebé é altamente improbable"...ler máis.

lunes, 18 de febrero de 2019

Crean un dispositivo que xera electricidade co Wi- Fi


Un equipo de investigadores do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (EE. UU.) e a Universidade Politécnica de Madrid deseñou o primeiro dispositivo flexible capaz de converter a enerxía dos sinais Wi- Fi en electricidade. Este innovador e prometedor invento permitiría contar cunha nova forma de alimentar todo tipo de dispositivos electrónicos, como móbiles, tabletas, portátiles, sen necesidade de contar con pilas ou baterías.


O dispositivo cultiva e logo, mediante novos materiais 2D, converte en electricidade os sinais wi- fi en forma de rectena (do inglés, rectifying antenna, antena rectificadora), un tipo de antena que converte a enerxía electromagnética en corrente continua (CC)...ler máis.

domingo, 10 de febrero de 2019

Regla de Octeto - Explicación

Os Celacantos: un fósil vivinte

Estes peixes evolucionaron morfoloxicamente moi pouco desde hai 350 millóns de anos, e se asemellan aos antepaados acuáticos dos vertebrados terrestres
Teñen unha vexiga natatoria non funcional, coas paredes grosas e chea de graxa, qu é realmente un vextixio dun pulmón ancestral, utilizado cando vivían non nas profundidades, senón na superficie, tanto en augas mariñas como nas doces. 
A esta característica, así como a forma e o movemento das súas aletas, valéronlle o nome de fósiles viventes como moitas veces se cualifican.


viernes, 1 de febrero de 2019

Fuerzas en un ascensor - Explicación

Un dente de leite de 17.000 anos de antigüidade.

Estamos en Becerreá, provincia de Lugo.

Imaxínaste nesta zona panteras, leóns, hienas ou rinocerontes en liberdade? Soa estraño, pero aquí estiveron fai miles de anos. Hoxe podemos confirmalo grazas ás escavacións dun equipo de arqueólogos da Universidat Rovira i Virgili de Tarragona coordinado por un catedrático da Universidade compostelá.

Aquí atoparon o fósil humano máis antigo descuberto en Galicia.