Mostrando entradas con la etiqueta O Por Qué das cousas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O Por Qué das cousas. Mostrar todas las entradas
miércoles, 30 de enero de 2019
viernes, 11 de enero de 2019
viernes, 4 de enero de 2019
martes, 16 de octubre de 2018
viernes, 12 de octubre de 2018
miércoles, 4 de julio de 2018
jueves, 3 de mayo de 2018
lunes, 30 de abril de 2018
domingo, 29 de abril de 2018
Por que é tan difícil atopar un trevo de catro follas?
Identificáronse trescentas especies de trevos, os cales teñen o dobre de cromosomas que os seres humanos. De todas estas especies, síntoo por San Patricio, a que ten fama de dar boa sorte é a que ten catro follas.
Parece ser que a súa fama arrinca dunha lenda popular que conta que cando Eva foi expulsada do Paraíso levou consigo un trevo de catro follas como acto pudoroso. Parece ser que a excentricidade botánica radica nunha mutación xenética, concretamente no xene PALM1, ao que poderiamos bautizar como o “xene da boa sorte”.
Os científicos descubriron que é a presenza de dúas versións deste xene o que determina o número de follas do trevo. A dominante inhibe a formación da cuarta folla e a outra –a recesiva- desencadea o crecemento. En definitiva, para poder atopar un trevo de catro foliolos é preciso herdar dúas versións do xene recesivo.
sábado, 31 de marzo de 2018
domingo, 25 de febrero de 2018
domingo, 21 de enero de 2018
Estas liñas son paralelas… e gañan un premio á mellor ilusión óptica
Unha coruñesa, a neurocientífica Susana Martínez-Conde, é a responsable de certificar a nivel mundial as mellores ilusións ópticas do ano. Directora do Laboratorio de Neurociencia Integrativa na Universidade do Estado de Nova York, esta galega organiza cada ano un concurso que premia as mellores ilusións visuais.
Trátase de algo divertido, pero tamén dun obxecto de estudo para os neurocientíficos. E as máis interesantes son premiadas no The Illusion of the Year Contest, organizado por Martínez Conde...ler máis.
miércoles, 17 de enero de 2018
lunes, 15 de enero de 2018
jueves, 11 de enero de 2018
Taenia solium ou Solitaria
O seu arrepiante rostro está retratado a 200 aumentos.
Estes grandes vermes viven sós no interior do intestino dunha persoa e lonxitude pode alcanzar varios metros. Esta imaxe foi tamén finalista no concurso de fotografía Small World de Nikon.
Crédito: Teresa Zgoda / Nikon Small World
miércoles, 3 de enero de 2018
Cal é a diferenza entre o catarro e a gripe?
Moitas persoas cren que a gripe é un arrefriado malo ou máis forte do habitual. Pero en realidade son virus distintos os que causan o catarro e a gripe.
Iso si, ambos os tipos de virus contáxianse da mesma maneira, a través de millóns de diminutas gotitas que unha persoa infectada deixa caer cando fala, ri, tose ou esbirra. Estas gotitas dispérsanse ata un metro de distancia e poden quedar suspendidas no aire antes de caer sobre unha superficie, onde o virus pode sobrevivir ata 24 horas, segundo información do servizo británico de saúde pública, o NHS.
Hai tres tipos de gripe estacional: A, B e C. Os virus gripais de tipo A clasifícanse en subtipos en función das diferentes combinacións de dúas proteínas da superficie do virus ( H e N). Todas as pandemias coñecidas foron causadas por virus gripais de tipo A, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).
As vacinas contra a gripe estacional inclúen cepas pertinentes ao tipo de virus A e B, que son os que causan brotes e epidemias. Os virus de tipo C, en cambio, detéctanse con moita menos frecuencia e adoitan causar infeccións leves, polo que o seu impacto na saúde pública é menos importante.
Hai moitos virus diferentes que poden causar o arrefriado, para o que non hai vacina, pero os rinovirus son os máis comúns...ler máis.
domingo, 31 de diciembre de 2017
El poder de las historias - Eduardo Sáenz de Cabezón
Eduardo é un dos fundadores do grupo de monologuistas científicos “ The Big Van Theory” e creador do monólogo científico gañador de FameLab España 2013. Docente universitario e apaixonado pola matemática e a informática, propúxose a tarefa de lograr que as persoas se namoren da ciencia. Narrador oral para nenos, novos e adultos, é Licenciado en Teoloxía e Doutor en Matemáticas e divulga as matemáticas en universidades e centros de educación secundaria.
sábado, 30 de diciembre de 2017
Partes do teu corpo que non necesitas para vivir
Se cadra sorpréndeche pero, aínda que esa máquina que é o noso corpo ten unha función importante para cada unha dos seus partes, co paso do tempo e os séculos, hai algúns órganos que perderon certo sentido de ser, certa funcionalidade, polo que se non contamos con eles, o noso día a día non se vai a ver alterado ou, polo menos, non en gran medida.
De que órganos podemos prescindir?
As amígdalas, por exemplo, aínda que nos protexen dunha invasión bacteriana a través das vías respiratorias, non son imprescindibles.
O mesmo ocorre co apéndice, o bazo, as mamilas masculinas, os aparellos reprodutores, tanto masculino como feminino ou a vesícula. Hai moitos máis...ler máis.
jueves, 30 de noviembre de 2017
jueves, 16 de noviembre de 2017
Por que a auga quente conxélase antes que a fría?
Un equipo de investigadores da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), a Universidade de Estremadura (UEx) e a Universidade de Sevilla (US) atoparon as razóns que poderían explicar o estraño efecto Mpemba, polo menos nalgúns supostos.
Os investigadores, que publicaron recentemente o achado no Physical Review Letters, comprobaron como se produce este fenómeno en fluídos granulares, é dicir, aqueles que están compostos por partículas que son moi pequenas e interaccionan entre elas perdendo parte da súa enerxía cinética. Desta forma, «podemos simular nun computador e realizar cálculos analíticos para saber como e cando vai ocorrer o efecto Mpemba», explica nun comunicado Antonio Lasanta, do Instituto Universitario sobre Modelización e Simulación en Fluidodinámica, Nanociencia e Matemática Industrial «Gregorio Millán Barbany», da UC3M.
O equipo empregou os ingredientes mínimos para poder controlar o seu comportamento...ler máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)