Un equipo de investigadores da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), a Universidade de Estremadura (UEx) e a Universidade de Sevilla (US) atoparon as razóns que poderían explicar o estraño efecto Mpemba, polo menos nalgúns supostos.
Os investigadores, que publicaron recentemente o achado no Physical Review Letters, comprobaron como se produce este fenómeno en fluídos granulares, é dicir, aqueles que están compostos por partículas que son moi pequenas e interaccionan entre elas perdendo parte da súa enerxía cinética. Desta forma, «podemos simular nun computador e realizar cálculos analíticos para saber como e cando vai ocorrer o efecto Mpemba», explica nun comunicado Antonio Lasanta, do Instituto Universitario sobre Modelización e Simulación en Fluidodinámica, Nanociencia e Matemática Industrial «Gregorio Millán Barbany», da UC3M.
O equipo empregou os ingredientes mínimos para poder controlar o seu comportamento...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario