SLIDER

miércoles, 3 de enero de 2018

Cal é a diferenza entre o catarro e a gripe?


Moitas persoas cren que a gripe é un arrefriado malo ou máis forte do habitual. Pero en realidade son virus distintos os que causan o catarro e a gripe. 

Iso si, ambos os tipos de virus contáxianse da mesma maneira, a través de millóns de diminutas gotitas que unha persoa infectada deixa caer cando fala, ri, tose ou esbirra. Estas gotitas dispérsanse ata un metro de distancia e poden quedar suspendidas no aire antes de caer sobre unha superficie, onde o virus pode sobrevivir ata 24 horas, segundo información do servizo británico de saúde pública, o NHS. 

Hai tres tipos de gripe estacional: A, B e C. Os virus gripais de tipo A clasifícanse en subtipos en función das diferentes combinacións de dúas proteínas da superficie do virus ( H e N). Todas as pandemias coñecidas foron causadas por virus gripais de tipo A, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). 

As vacinas contra a gripe estacional inclúen cepas pertinentes ao tipo de virus A e B, que son os que causan brotes e epidemias. Os virus de tipo C, en cambio, detéctanse con moita menos frecuencia e adoitan causar infeccións leves, polo que o seu impacto na saúde pública é menos importante. 

Hai moitos virus diferentes que poden causar o arrefriado, para o que non hai vacina, pero os rinovirus son os máis comúns...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario