SLIDER

martes, 16 de enero de 2018

Un enxeñeiro descobre o número primo máis grande coñecido


Despois de 14 anos de intentos, Jonathan Pace, un enxeñeiro eléctrico de 51 anos de Germantown, Tennessee, (EE. UU.), descubriu o número primo máis grande coñecido. O número 2 elevado á 77,232,917 potencia -1 ten máis de 23 millóns de díxitos, case un millón máis que o récord anterior. 

Nos últimos anos, a computación axudou na procura. O novo récord, polo que Pace levará 3.000 dólares, supera ao anterior, conseguido en 2016 por Curtis Cooper, un matemático da Universidade de Central Missouri en Warrensburg (EE. UU.). 
Entón, o profesor deu co 2 elevado á 74,207,281 potencia -1, que ten un total de 22.338.618 díxitos e superaba en cinco millóns o récord anterior que el mesmo conseguira, superándose a si mesmo un total de catro veces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario