SLIDER

miércoles, 17 de mayo de 2017

Elba, a pastora ‘galega’ de hai 9.300 anos



Medía un metro e medio. Era intolerante á lactosa. Tiña unha cicatriz na cabeza, padecía artrose e sufría dor de moas. Un día de hai 9.300 anos camiñaba por unha senda de montaña, preto de Pedrafita do Cebreiro. E caeu accidentalmente nunha sima, xunto cos tres exemplares de uro -un xigante vacún xa extinto- que compoñían o seu rabaño. Agora, 93 séculos máis tarde, esta pastora ten nome: Elba, unha homenaxe á palabra nunha lingua celta que significa ‘a que vén dos montes’. 

E os que a ‘bautizaron’ son científicos do Instituto de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, xunto a prestixiosos xenetistas galegos que veñen de documentar a vida da muller ata agora descoñecida.

Os restos de Elba foron atopados na chamada Cova do Uro. Primeiro o cráneo en 1996 e logo os outros restos. Agora, a revista Cadernos do Laboratorio Xeolóxico da Laxe, do Instituto Parga Pondal, publica unha exhaustiva investigación, que ofrece todos os datos sobre esta muller do Mesolítico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario