SLIDER

miércoles, 16 de mayo de 2012

Curiosidade Científica: Os animais detectan antes un terremoto ca os humanos

Segundo os científicos, os animais son capaces de percibir todas as variacións que provocan os movementos ao interior da Terra: eléctricas, magnéticas, sonoras, visuais e olfactivas.
Moitos animais detectan os infrasóns. Estas ondas poden xerarse mediante terremotos, erupcións volcánicas, maremotos, avalanchas...

É que os animais son capaces de "predicir": os cabalos patean e rinchan ante a presenza dun terremoto, os cervos déitanse no chan e logo levántanse bruscamente, as serpes abandonan os seus niños aínda que estean en pleno inverno e as ratas non pensan dúas veces en aparecer polas casas e lugares que habitan, en pleno día!.
A pregunta é: Poden anticiparse os animais ás traxedias? Os científicos pasaron séculos buscando unha explicación lóxica a certas manifestacións animais, como por exemplo, aquelas que no ano 2005, fronte ao maremoto do Océano Índico, chamaron moito a atención. E é que no Parque Nacional de Yala, na castigada costa oeste de Sri Lanka, non se encontrou ningún animal morto... todos lograron poñerse a salvo.
As aves congregáronse en bandadas e voaron cara ao interior das chairas que cobren a maior parte dos 1.300 quilómetros cadrados do Parque, os elefantes emprenderon unha retirada cara ás montañas, e búfalos e cervos seguiron os pasos dos paquidermos.

E claro, ninguén se tería imaxinado que nese momento, a poucos quilómetros de alí e baixo as augas do Índico, se acababa de producir o maior terremoto rexistrado na Terra dende había 40 anos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario