SLIDER

jueves, 26 de febrero de 2015

O mapa do epixenoma humano


Hai tres anos, o proxecto Encode, unha enciclopedia dos elementos do ADN, botou por terra algunhas ideas preconcibidas e deixou claro que centos de miles fragmentos do noso xenoma, considerados "lixo", estaban en realidade dedicados a funcións directivas: é dicir a regular como e cando os xenes deben levar a cabo a súa función.

Este novo mapa epixenético baséase neste último estudo para descubrir como os xenes se activan e desactivan no organismo. Os resultados preséntanse en varias revistas do grupo Nature e son un resumo do descuberto nos cinco anos do proxecto, que foi financiado con 190 millóns de dólares por Instituto Nacional da Saúde estadounidense (NIH).

"Os investigadores conseguiron estudar en 111 mostras varias marcas químicas que chamamos epixenéticas (reguladoras do xenoma). O traballo reflicte que todas as células do corpo humano teñen o mesmo xenoma pero diferentes epigenomas; que cando as células nai se diferencian cara a un tecido cambia o seuepigenoma; que diferentes epigenomas se asocian a diferente localizacións do ADN dentro do núcleo das células e que variacións xenéticas, como mutacións e polimorfismos, teñen un efecto sobre os patróns epixenéticos ", explica Manel Esteller, do Instituto de Investigacións Biomédicas de Bellvitge, que forma parte de proxecto Blueprint, o equivalente europeo a este proxecto americano. Os achados que resume Esteller obtivéronse a partirdeelementos que controla a expresión xénica en 127 tipos de células e tecidos adultos e embrionarios procedentes de persoas sas e enfermas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario