SLIDER

martes, 10 de febrero de 2015

O segredo do único animal que fai a fotosíntese


Chámase Elysia clorótica, ten un aspecto que a asemella á folla dunha verdura e habita nas costas de Nova Escocia ata o sur de Florida. Como cambiar do reino animal ao das plantas víao complicado, ideou unha estratexia alternativa.

"Elysia" aliméntase dunha alga chamada Vaucheria litorea, que si é autótrofa, é dicir que leva a cabo a fotosíntese da que obtén comida grazas á luz do sol e un puñado de nutrientes que obtén da auga. A maior aspiración de Elysia. A alga, igual que as plantas, pode facelo grazas aos seus cloroplastos, as estruturas onde se leva a cabo a fotosíntese. Así que Elysia decidiu roubarllos.

Empeñada en facilitarse o avituallamento diario, a babosa aprendeu a dixerir á alga sen danar os prezados cloroplastos, capaces de transformar a luz do sol en comida. Así que os trata con sumo coidado e as integra nas súas células dixestivas. Grazas a esta estratexia as súas aspiracións víronse cumpridas e arránxallas para vivir durante meses sen probar bocado, simplemente alimentándose da luz do sol. 

Esta rebuscada estratexia fixo famosa a Elysia como o primeiro animal capaz de realizar a fotosíntese.

No hay comentarios:

Publicar un comentario