SLIDER

lunes, 30 de julio de 2012

Tema 2 Bioloxía 3º ESO. Repaso Setembro

Pregunta do exame do Tema 2. Data 16/XI/2011

Que é un Nutriente?. Explica coas túas palabras a diferenza entre alimentación e nutrición. 
Un Nutrinte é unha biomolécula que constituen o noso organismo e denomínanse Principios Inmediatos. Son: Lípidos, Glícidos, Proteínas , Auga e as Sales Minerais.

A Nutrición é o conxunto de procesos que lles permite aos organismos utilizar e transformar os nutrintes para manterse vivos. A Alimentación é o proceso polo cal se obteñen os devanditos nutrintes do medio externo.

Que é un aminoácido?. Explica como se forman as proteínas do noso corpo. 
Un aminoácido son as moléculas orgánicas que forman as proteínas.
As proteínas do noso corpo fórmanse a partir dos aminoacidos que inxerimos dos alimentos; estes rompen a súa estructura dentro do noso organismo e vólvense a unir para forman as proteínas propias do corpo humano. Existen 20 aminoacidos, dos cales 12 pódense formar a partir doutros, é dicir, podemos telos ainda que a dieta sexa insuficiente; os oito restantes son ESENCIAIS e dependemos da nosa alimentación para poder dispor deles e formar as proteínas correspondentes.


A que grupo de nutrientes pertencería o mel?. Explica as características dese grupo de nutriente. 
O mel prentece ao Grupo VI (cereais e derivados, azucre). 

Este grupo ten un alto valor nutritivo en Glícidos ademais de conter proteínas e sales minerais. Cumpren unha función Enerxética no noso organismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario