SLIDER

lunes, 30 de junio de 2014

Un xardín de 53 anos dentro dunha botella


David Latimer plantou un xardín en 1960 dentro dunha botella de 10 galóns e só regouno unha vez na súa vida. O xardín autoaliméntase a través de fotosíntese e debe ser regado unha vez cada 53 anos, polo que hai 40 anos que non se destapa.

Existen persoas ás que se lles morren ata os cactos por preguiza e esquecemento, pero David Latimer é un xenio «verde». O xardín dentro dunha botella creou o seu propio ecosistema en miniatura a pesar de estar illado do mundo exterior. O xardineiro en cuestión afirma que nunca podou este xardín, polo que parece ter crecido ata o máximo posible que lle dá a botella de 37,8 litros. A NASA ten interesado tamén neste tipo de proxectos porque podería servir como prototipos para encher de flora o espazo.

Como conta o Daily Mail, os xardíns dentro dunha botella funcionan correctamente porque o seu espazo selado crea un ecosistema totalmente autosuficiente no cal as plantas poden sobrevivir mediante a fotosíntese para reciclar os nutrientes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario