SLIDER

domingo, 25 de septiembre de 2011

NOVAS

 No CERN (Centro Europeo de Investigación Atómica) acaban de detectar neutrinos (partículas subatómicas sen carga e masa desprezable) a unha velocidade SUPERIOR á velocidade da luz. 
Os investigadores dispararon neutrinos dende Xenebra e observaron a súa chegada ao Gran Sasso (Italia) tras un sprint de 730 quilómetros baixo terra. Os resultados mostraban o imposible: máis de 15.000 neutrinos bateran á luz por 60 mil millonésimas de segundo.

Era unha marca ridícula nunha pista de atletismo, pero revolucionaria en ciencia. A principios do século pasado, a teoría da relatividade de Einstein dixo que nada na natureza pode viaxar máis rápido que a luz. Os resultados do equipo de Autiero son, por agora, a maior contradición dese límite de velocidade cósmico...ler máis






No hay comentarios:

Publicar un comentario