SLIDER

sábado, 9 de septiembre de 2017

Misión Voyager, a viaxe de 40 anos que levou ao ser humano aos confíns do Sistema Solar


As sondas espaciais Voyager (que significa «viaxeiro») son probablemente os artefactos humanos que emprenderon a viaxe máis incrible de todos os tempos. Ambas son os obxectos humanos máis afastados e no seu historial está explorar por primeira vez planetas xigantes e lúas exóticas, que hoxe en día aparecen en calquera libro de texto. A súa incansable viaxe levounas ata as aforas do Sistema Solar e mesmo ata o baleiro insondable máis aló. Desde 2012, e por primeira vez en todos os tempos, unha nave, a Voyager 1, suca o espazo interestelar, o «oco» que hai entre as estrelas da Vía Láctea.





No hay comentarios:

Publicar un comentario