Científicos neozelandeses atoparon nun refuxio na Antártida un biscoito de froita de hai 106 anos case en perfecto estado e que podería pertencer á expedición de Robert Falcon Scott, anunciou este xoves a fundación Antarctic Heritage en Christchurch.
O biscoito, fabricado pola empresa británica Huntley & Palmers, aínda se atopaba envolvido en papel e nunha lata de estaño. Os científicos analizaron varias latas que atoparon no refuxio construído en 1899 por investigadores noruegueses no Cabo Andare. Algúns membros da desafortunada expedición á Antártida do británico Robert Falcon Scott aloxáronse alí en 1911. Os investigadores cren que o biscoito pertencía ao equipo de Scott, que chegou á Antártida en xaneiro de 1912, despois de que o conseguise o do noruegués Roald Amundsen. Os membros da expedición de Scott morreron durante a viaxe de volta...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario