É unha aniquiladora nata. Aparece cos seus ollos avultados e un par de coitelas detrás da súa cabeza que se pechan nun instante sen que as súas vítimas teñan ningunha oportunidade. Non hai saída, as presas non poden reaccionar ante a inusitada velocidade coa que esta formiga do xénero Myrmoteras pecha as súas mandíbulas sobre elas, nada menos que no medio milisegundo, 700 veces máis rápido que o parpadeo dun ollo humano. E a presión.
Científicos do Museo Nacional de Historia Natural do Smithsonian describen como é esta dentada letal única na revista Journal of Experimental Biology, un sistema que a especie desenvolveu dunha maneira «completamente independente».
As Myrmoteras entran na clasificación de formigas de mandíbula trampa, pola posición e o uso dos seus apéndices. Viven nos trópicos do sueste asiático, onde se alimentan principalmente de colémbolos, pequenos artrópodos repartidos por todos os continentes que se lanzan ao aire como pulgas cando detectan unha ameaza...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario