A medicina regenerativa e a terapia celular veñen de abrir unha nova perspectiva na medicina moderna. E, dentro da mesma, no tratamento de enfermidades de ósos e articulacións.
Unha parte importante da poboación sofre molestias nos xeonllos ou nas cadeiras ou en ambas á vez. É un problema habitual xa que se son articulacións de carga, moi delicadas e que, máis aló das lesións por traumatismos, ceden de maneira habitual ao desgaste. De feito, esa deterioración e debilitación articular son moi correntes e unhas das doenzas que máis calidade de vida resta a quen a padece.
Se es desas persoas que teñen problemas articulares, lembra que, na actualidade, acabar con esas molestias xa é posible e sen necesidade de acudir a un tratamento sintomático ou de pasar por quirófano. Como? Grazas á medicina regenerativa e as terapias celulares, cuxo éxito radica en que é o teu propio corpo quen se cura a si mesmo, o que reduce os tempos de recuperación e non produce efectos secundarios...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario