Os expertos non se poñen de acordo. Hai explicacións que o achacan á empatía e outras que se refiren á necesidade de refrigerar o cerebro. A última achégana expertos da Universidade de Nottingham, que acaban de concluír na revista Current Biology que esta propensión humana é activada automaticamente por reflexos primitivos na cortiza motora primaria, unha área do cerebro responsable dos movementos do corpo.
Os seus últimos descubrimentos demostran que a nosa capacidade para resistir o bostezo é limitada, sobre todo cando alguén preto de nós abre a mandíbula exageradamente. Ademais, o noso desexo de bostezar increméntase se se nos di que debemos resistilo. Pero, non importa o moito que tratemos de afogar un bostezo; como moito poderemos cambiar a forma en que o facemos, pero non conseguiremos alterar a nosa propensión para facelo.
O bostezo contaxioso desencadéase involuntariamente cando observamos a outra persoa en acción. É unha forma común de ecofenómeno que implica a imitación automática...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario