No mes de xuño, coincidindo cunha vaga de temperaturas extremadamente altas en Galicia, Portos do Estado informou de que a súa boia de Cabo Silleiro, pertencente a Rede de Boias de Augas Profundas, rexistrara un máximo histórico de temperatura da auga:19,9ºC, representando un incremento de ata 1,25ºC respecto ao ano anterior. No resto da Península houbo valores igualmente significativos: máis de 27ºC en Tarragona, 23,5ºC en Bilbao-Vizcaya e 24,3ºC no Cabo de Gata. A subida xeral foi de entre 0,5 e 2,5 graos.
Desde a propia entidade estatal achacaban estes datos ao cambio climático. Pero, hai máis elementos a ter conta? Jesús Gago,investigador do Centro Oceanográfico de Vigo, do IEO, explica que “na temperatura da auga inflúen moitos factores; non existe un só que o explique”. Nas variacións térmicas dos océanos concorre “unha dinámica complexa, con correntes, as ondas, o vento, etc.”. Con todo, Gago sinala que existe un aumento de temperaturas nos últimos tempos, do que xa alertaron no IEO hai catro anos nun estudo realizado na ría de Vigo. “Estes datos confirman os nosos resultados”, expón...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario