SLIDER

sábado, 26 de agosto de 2017

Un galego tras os guepardos en Namibia



Namibia, como o resto de África, é un lugar enorme e cheo de matices. Apenas dous millóns de habitantes espállanse nunha superficie tan grande como a suma das de España, Portugal e Italia. Alí traballa desde hai tres anos e medio o galego Rubén Portas, elaborando o censo do animal máis veloz do mundo, o guepardo.

A traxectoria profesional de Rubén está ligada desde os seus comezos áconservación da natureza, vinculado a varias asociacións neste eido. Cando era cativo, emigrou coa familia a Suíza, pero aos 15 anos regresou a Galicia. Formouse como técnico forestal, e coñeceu o territorio traballando varios anos nas brigadas contraincendios, e desenvolveu un proxecto de educación ambiental sobre o lobo en colexios de Pontevedra e Ourense. Tamén axudou a recoller mostras para unha tese de doutoramento en Doñana. “Un pouco aquí e alá, procurando estar sempre divulgando a necesidade de investigar para conservar”, sintetiza Rubén...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario