SLIDER

martes, 22 de agosto de 2017

Un ensaio busca mellorar o sistema inmune de persoas con VIH co transplante de bacterias intestinais


Os investigadores que traballan con Sergio Serrano, do hospital Ramón e Cajal de Madrid, puxeron en marcha un ensaio peculiar: a 30 persoas co VIH xa controlado están a administrarlles unhas cápsulas que conteñen a microbiota (as bacterias fecais) de persoas sen o virus.

Dos 30 voluntarios do ensaio, a metade recibe placebo, e os outros 15 están divididos en tres grupos de 5 individuos. A cada un dánselles cápsulas proveniente dun doante san. Así non só poderase comprobar se hai un beneficio, senón tamén saber cal das tres variantes (a composición da microbiota é exclusiva de cada individuo) que se están usando dá mellores resultados...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario