Hai un grupo de arañas, da familia Ctenizidae, que adoitan cazar de noite e que usan unha curiosa técnica: fabrican tobos no chan que logo pechan con auténticas escotillas de terra, plantas e seda moi difíciles de detectar cando están pechadas. Esperan pacientemente ata que unha presa produce vibracións nos arredores e, entón, saen como unha exhalación e cómenlla.
Recentemente, un artigo publicado en PLOS ONE concluíu que algunhas destas arañas non só expertas na camuflaxe; tamén son auténticas viaxeiras. Segundo concluíron, un genéro deste animal atravesou o océano desde África ata Australia fai millóns de anos, probablemente a bordo de restos vexetais.
Xa o mesmo Darwin propuxo que moitas especies eran capaces de dispersarse e viaxar longas distancias, pero no caso do hemisferio Sur, no que as masas oceánicas son máis extensas que no Norte, as distancias son tan grandes que en moitas ocasións os investigadores explicaron a presenza das especies en zonas moi afastadas a través da propia separación dos continentes, millóns de anos atrás...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario