Este luns, a Lúa interpoñerase entre a Terra e o Sol causando unha eclipse total. Durante algo máis de dous minutos a sombra do satélite tapando o astro causará unha pequena noite que cruzará norteamérica de oeste a leste e terminará en Cabo Verde, no Océano Atlántico. Nunha franxa moito maior producirase unha eclipse parcial que poderá observarse desde boa parte da península ibérica, así como América Central, o norte de Sudamérica, Europa occidental, o norte de África e o nordeste de Rusia.
En España, a eclipse parcial sucederá pouca antes do ocaso e será maior no extremo noroeste do país. En Vigo, a cidade da península onde se poderá ver o Sol máis cuberto ?nun 14%? o evento comezará ás 20:44 hora peninsular e o máximo sucederá catro minutos antes do ocaso, ás 21:20, segundo o grupo de astrónomos Saros...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario