O luns 9 de marzo de 1925, un transatlántico está amarrado ao porto de Vigo. Un home en cuberta contempla o solpor nas illas Cíes. E escribe máis tarde no seu diario: “Riqueza de cores e posta de sol en Vigo, incomparable”. Ese home é o propio Albert Einstein. A luz, que foi protagonista dos seus estudos científicos, a mesma que escorrega pola curvatura do espazo-tempo, é agora para el un espectáculo: o do empardecer na ría de Vigo.
Porque, en efecto, Albert Einstein estivo en Galicia. Fixo escala en Vigo en dúas ocasións, en marzo e en maio daquel ano 1925 en que realizou unha xira científica por Sudamérica. E ademais deixou unhas notas manuscritas con loubanzas cara á paisaxe da ría viguesa.
Einstein xa estivera en España con anterioridade. En 1923, foi todo un fenómeno de masas a súa xira de conferencias por Barcelona, Madrid e Zaragoza. Viña de gañar en 1921 o premio Nobel de Física e era xa unha celebridade mundial...ler máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario