Científicos en EE UU, Corea do Sur e China conseguiron eliminar con éxito unha enfermidade hereditaria en embrións humanos por primeira vez. A investigación supón un paso fundamental cara a futuras terapias para corrixir certos tipos de cancro así como unhas 10.000 enfermidades raras que xorden cando unha das dúas copias dun xene é errónea. Tamén é unha chamada de atención a toda a sociedade, pois a técnica permite ao ser humano cambiar o seu destino biolóxico ao introducir cambios nas células germinales "óvulos, espermatozoides e embrións" que se transmitirán para sempre de xeración en xeración.
Preme na foto para ver a vídeonoticia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario