SLIDER

martes, 25 de julio de 2017

25 de Xullo - Día de Galicia

As orixes desta celebración remóntanse a novembro de 1919, cando se celebrou en Santiago de Compostela a II Asemblea Nazonalista das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte. En 1924 o ditador Miguel Primo de Rivera foi designado delegado rexio na ofrenda ao apóstolo, ao que levou a algúns grupos a propor o cambio de día de Galicia ao 17 de decembro, data do axustizamento do mariscal Pardo de Cela.[2][3] A discusión aínda perduraba en 1930 cando a fin da ditadura permitiu de novo a celebración de actos galeguistas, como o mitin no teatro García Barbón o 25 de xullo dese mesmo ano.


Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país. Asemade, seguían as conmemoracións no exilio, como a lectura do discurso Alba de Groria de Castelao en 1948.

Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico. Nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie ten unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.

Conmemorando este día aqui tedes o primeiro capítulo desta serie documental: "Onde o mundo se chama Galicia"


No hay comentarios:

Publicar un comentario