A investigación levada a cabo por científicos da Universidade de Carnegie Mellon (EE. UU.) na que identificaron algúns dos complexos patróns cerebrais que son responsables da formación de oracións nas nosas cabezas. Os expertos conseguiron predicir os pensamentos cun 87% de precisión.
Introducímonos no campo da intelixencia artificial. Os expertos deseñaron un algoritmo coa capacidade de ler unha mente humana grazas aos sinais neuronais que emite o noso cerebro. En concreto, puxeron á IA a colleitar información dunha máquina de resonancia magnética funcional ou fMRI. Así, co algoritmo adecuado, puido detectar patróns de activación do cerebro e a maneira na que estes se activan ao crear pensamentos complexos.
Así, con só mirar unha resonancia magnética, a intelixencia artificial predixo cun 87% de precisión en que estaban a pensar os 7 participantes do experimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario