SLIDER

domingo, 23 de julio de 2017

O primeiro ser vivo cun GIF gravado no seu xenoma


Un equipo de investigadores da Universidade de Harvard inseriu imaxes fixas e en movemento no xenoma de bacterias da especie Escherichia coli.



Toda a información que necesita un ser vivo está almacenada no seu xenoma, formado por unidades microscópicas de ADN. Nun estudo publicado hoxe en Nature, os investigadores demostran como codificar imaxes substituíndo píxeles por nucleótidos de ADN que quedan integrados no xenoma das bacterias. Despois secuencian o xenoma destes microbios e volven recuperar as imaxes cun 90% da súa resolución orixinal.




No hay comentarios:

Publicar un comentario