Trátase da chamada clonación LASSO, unha técnica que pode usarse para illar miles de secuencias longas de ADN ao mesmo tempo, máis rápido do que se logrou xamais. A nova tecnoloxía acelera a creación de proteínas, os produtos finais dos xenes, e é probable que conduza a un descubrimento moito máis rápido de novos medicamentos para tratar decenas de enfermidades.
A sonda LASSO descríbese como un novo tipo de hebra de ADN capturado. As coleccións destas sondas LASSO poden utilizarse para capturar as secuencias de ADN que se queiran. É como imaxinar un lazo de corda capturando a un animal de campo pero, neste caso, capturaría miles á vez nun só esforzo. Estas secuencias son capturadas dunha maneira que permite aos científicos analizar o que fan as proteínas dos xenes.
Na investigación, as sondas LASSO utilizáronse para capturar simultaneamente máis de 3.000 fragmentos de ADN do xenoma bacteriano de E. coli. O equipo capturou con éxito polo menos o 75% dos obxectivos xenéticos. A nova técnica é unha mellora nun método máis antigo chamado sinal molecuar (MIPs), que é capaz de capturar só ao redor de 200 bases de ADN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario