No seguinte vídeo podedes ver, de novo, outra cousa impresa en 3D. Concretamente, un castelo. Ata aquí, nada impresionante. Pero se nos fixamos un pouco máis, estamos ante un nivel de precisión extraordinario: o castelo está a ser impreso na punta dun lapis, así o seu tamaño é diminuto.
A técnica capaz de facer algo así é unha modalidade de nanoimpresión coñecida como litografía de láser directo.
O castelo terminado mide 230 x 250 x 360 micrómetros, o ancho de entre 4 e 7 cabelos humanos. É dicir, que se necesita un microscopio electrónico para velo.
O traballo é obra do artista ruso Aleksandr Ovsianikov.
No hay comentarios:
Publicar un comentario