SLIDER

viernes, 25 de agosto de 2017

Un gran cambio climático fixo aparecer aos animais



Os cambios climáticos son unha realidade que acompañou sempre á Terra, aínda que o actual é o único causado polo home e o que poñerá a proba á actual civilización humana. Pero fai centos de millóns de anos, durante o chamado Eón Proterozoico (un período de tempo que vai dos 2.500 aos 541 millóns de anos de antigüidade), o clima do planeta cambiou en varias ocasións e sacudiu á vida que se abría camiño. 
Os continentes movéronse, as idades do xeo converteron ao planeta nunha bóla de neve e, a pesar de todo, ao final apareceron os primeiros animais visibles a primeira ollada. Estes caracterizábanse por un trazo que revolucionaría a vida para sempre: a simetría bilateral. Grazas a ela apareceu case toda a diversidade de animais que coñecemos hoxe en día.


Geólogos e biólogos tratan de cruzar os seus coñecementos para tratar de entender como foi este proceso. Por que os animais apareceron entón e non antes? Foi algo progresivo ou máis ben explosivo? Un artigo publicado en Nature este mércores arroxou nova luz a esta cuestión...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario