Durante a súa formación hai células que "entran" polos dous lados e as da dereita, máis numerosas, exercen máis presión e acaban desprazando o corazón cara á esquerda
A investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) Ángela Neto e o seu equipo no Instituto de Neurociencias, un centro mixto do CSIC e a Universidade Miguel Hernández, situado en Alacante, descubriron por que, durante a formación do corazón no embrión, este órgano acaba situándose á esquerda. O estudo publícase no último número da revista Nature.
No embrión, o corazón aparece nun primeiro momento na liña media, no centro. Durante o desenvolvemento cardíaco dous grupos de células incorpóranse desde a dereita e a esquerda. As da dereita son moito máis numerosas, polo que empuxan ao corazón e acaban desprazándoo á esquerda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario