Practicamente todas as arañas son carnívoras (aliméntanse de grilos, cascudas, moscas, paxaros e vertebrados pequenos...), pero existen algunhas -moi poucas, iso si- especies herbívoras (como a saltarina Bagheera kiplingi, unha araña de Centroamérica que só come plantas). Os científicos están convencidos de que aínda quedan especies asombrosas por descubrir. Polo momento, coñécense aproximadamente 43.000 tipos de arañas en todo o mundo e só en Australia existen máis de 4.000 especies de arañas.
Aínda que hai persoas que sofren de aracnofobia, o máis rechamante de todo é que a pesar do pánico que poida provocarnos velas, as arañas consideradas como máis aterradoras son inofensivas para o ser humano. De feito, danse máis casos de feridas causadas por reaccións de medo ante a visión dunha destas arañas que por picaduras de araña.
Preme na foto para ver máis fotos
Esta araña es espeluznante, soy un apasionado de ellas y he creado una web con mucha información sobre esta y otras arañas aterradoras picadura de araña
ResponderEliminar