SLIDER

viernes, 15 de septiembre de 2017

Confirman o avistamento “histórico” da balea azul na ría de Muros e Noia


O animal máis grande do mundo estivo esta fin de semana paseando polas costas galegas. Cunha seguridade de “practicamente o 100%”, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) confirma que o exemplar avistado por varios barcos na ría de Muros e Noia era unha Balaenoptera musculus, unha balea azul, que pode alcanzar os 30 metros de lonxitude (tamaño semellante á altura do acueduto de Segovia) e un peso de máis de 170 toneladas; o seu corazón pode pesar tanto coma un turismo, e a súa lingua, coma un elefante. O exemplar localizado estes días na costa galega tiña un tamaño de entre 15 e 20 metros e parece ser un subadulto.

Estamos ante “un fito histórico“, segundo López, xa que sería o primeiro avistamento dunha balea azul viva nas rías galegas. López lembra que hai algo máis dun decenio atopouse un exemplar en avanzado estado de descomposición na zona de Ribeira, do que se tomaron mostras que confirmaron que se trataba dunha Balaenoptera musculus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario