SLIDER

domingo, 17 de septiembre de 2017

Titán dálle o «bico da morte» a Cassini



A nave espacial Cassini xa está sentenciada a morrer en Saturno, o xigantesco planeta gaseoso cuxo contorna estivo vixiando durante 13 anos. A NASA preparou as últimas órbitas da nave para asegurarse de que será destruída no colosal planeta: a súa intención é aproveitar ata o último alento da nave, xa sen apenas reservas de combustible e, ao mesmo tempo, darlle un final que asegure que non se perde o control sobre ela.

O luns 11, a ao redor das 21 da noite (hora peninsular), a sonda achegouse a Titán, unha lúa de Saturno maior que o planeta Marte, para recibir o seu tirón gravitacional. Grazas a esta manobra, que os científicos chamaron «o bico de despedida», a Cassini entrou nunha órbita de colisión que puxo punto e final á súa misión o xoves 14.

A nave pasou a unha distancia aproximada de 119.049 quilómetros de Titán. A traxectoria retardou tanto a nave que, cando volva pasar por Saturno, a gravidade do planeta faralle perder altura.

Isto provocará que Cassini entre en contacto coa atmosfera de Saturno e que a fricción a desintegre coma se tratásese dun meteoro. Pero, ata o último momento, as reservas restantes de combustible da nave tratarán de apuntar a antena de comunicacións da sonda ata a Terra, e así enviar todos os datos posibles sobre a atmosfera de Saturno.

Fin a unha viaxe de 20 anos...ler máis.


No hay comentarios:

Publicar un comentario