SLIDER

domingo, 16 de octubre de 2011

Día Mundial da Alimentación


Como introducción ao Tema 2 de Bioloxía de 3º de ESO, no que trataremos a Alimentación, lembrar que hoxe 16 de Outubro celébrase o Día Mundial da Alimentación, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). 
A súa finalidade é a de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945. En 1980, a Asemblea Xeral avalou a importancia do Día por considerar que "a alimentación é un requisito para a supervivencia e o benestar da humanidade e unha necesidade humana fundamental".
Aínda que a produción mundial de alimentos pode abastecernos a tod@s, preto de mil millóns de persoas no mundo, o 15% da poboación, ten fame.

Para o Día Mundial da Alimentación deste ano elixiuse como lema: "Prezos dos alimentos: da crise á estabilidade" para botar luz sobre esta tendencia á volatilidade e as medidas que se poden adoptar para mitigar os seus efectos na poboación máis vulnerable.
A situación é inaceptable Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola (FIDA) e o Programa Mundial de Alimentos (PMA), nun novo informe sobre a fame no mundo feito público esta semana, estima que estas crises están a dificultar os esforzos con miras a alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) de reducir á metade a proporción de persoas que sofren fame no mundo para 2015.

Hambruna en Somalia 2011
Neste último ano máis de 70 millóns de persoas (case o dobre da poboación de España) engadiron a terrible lista de xente que pasa fame.

No hay comentarios:

Publicar un comentario