SLIDER

viernes, 14 de octubre de 2011

¿Por que a Gripe é máis frecuente en Inverno?

VIRUS DA GRIPE COMÚN
O virus da gripe, circula polo ambiente durante todo o ano. Pero cales son os factores que fan que o virus nos afecte máis en Inverno que no resto do ano?. A esta pregunta contéstanos Antoni Trilla, epidemiólogo experto en gripe no Hospital Clinic de Barcelona. Según dí:

  • Sucede porque as condicións ambientais en inverno, é dicir, o frío e a baixa humidade, son máis favorables para a propagación destes virus. Aínda que as novas gripes, como a A, non seguen este patrón e se expanden comodamente fóra de tempada,
  • En inverno saímos menos ao exterior. Estamos en recintos pechados, con pouca ventilación e en contacto uns con outros. Nestas condicións é máis doado contaxiarse.
  • O contaxio prodúcese a través das vías respiratorias. Cando unha persoa tose ou espirra expulsa gotiñas cargadas de virus que suspendidas no aire pode respirar outra persoa e contaxiarse.As mans manchadas de virus tamén son outra vía típica de contaxio. Tapamos a boca ao tusir con elas. Logo tocamos a cara, a boca ou o nariz doutras persoas con elas e contaxiámolos.Para evitar a transmisión hai que lavarse as mans regularmente e cubrirse a boca e o nariz cun pano de papel ao tusir ou espirrar.Cando o virus xa chega ao noso corpo, a través do nariz, avanza pola garganta e os pulmóns. Alí adhírese ás células e empeza a multiplicarse.
  • Se a infección prospera, non hai máis remedio que resignarse a padecela. Hai que descansar, beber moito líquido e axudarse de fármacos para paliar os síntomas, como a tose ou a febre.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario