SLIDER

jueves, 21 de febrero de 2013

O Planeta Vermello...é Gris!!!


O planeta vermello, só é vermello por fóra. O robot estadounidense Curiosity conseguiu extraer unha rocha agrisada das capas baixas de Marte. Esta fazaña representa un logro histórico, xa que é a primeira vez que a Nasa logra recoller unha mostra do interior dun planeta.

«O equipo científico está moi emocionado co feito de que estes residuos non sexan da cor avermellada que asociamos con Marte», dixo Joel Hurowitz, a cargo do sistema de mostras do Curiosity.

Ao parecer, «a cor laranxa de marte débese á oxidación do ferro que contén a rocha», explicou un científico da NASA.

«Baixar da superficie permítenos ver máis alá da exposición ambiental das capas superficiais de Marte», explicou a enxeñeira xefe do equipo, Louise Jandura.

Os investigadores cren...ler máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario