SLIDER

miércoles, 6 de marzo de 2013

Logran a mellor medida da Expansión do Universo


Un grupo de astrónomos da NASA remata de realizar a medición máis precisa xamais obtida da constante de Hubble ou, o que é o mesmo, do ritmo ao que se expande o Universo. O achado contribuirá a coñecer con máis exactitude tanto a súa idade coma o seu tamaño. O novo valor é de 74,3 (cunha marxe de 2,1) quilómetros por segundo por megaparsec (un megaparsec equivale a uns tres millóns de anos luz). O traballo publícase esta semana enAstrophysical Journal.

As novas medicións, levadas a cabo co
telescopio espacial Spitzer, melloran nun factor de 3 ás realizadas anteriormente co Hubble. En efecto, o Spitzer ten a vantaxe de que pode "ver" o Universo no rango do infravermello (é dicir, en lonxitudes de onda moi longas), mentres que o Hubble o fai no rango da luz visible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario