SLIDER

jueves, 8 de mayo de 2014

CLONACIÓN TERAPÉUTICA Fito en investigación

Conseguen células produtoras de insulina a partir da pel dunha persoa diabética.


Non é unha técnica sinxela. As dificultades da clonación son moitas. Por un lado, requírese de centenares de óvulos doados de mulleres novas, aos que hai que quitarlles o seu núcleo e inserirlles o de células adultas doutra persoa. Os óvulos téñense que preparar previamente e tras a fusión de células tamén se necesita un medio de cultivo específico. Todo iso hai que facelo tendo en conta os tempos de división celular. Cada un destes pasos pode realizarse de múltiples formas segundo sabemos agora.

En 2013, o grupo de Shoukhrat Mitalipov e Masahito Tachibana foi o primeiro que deu coa receita adecuada para conseguir a transferencia nuclear (coñecida popularmente como clonación terapéutica) con células humanas. Eles empregaron cafeína e estimulación hormonal entre outros moitos factores para ter éxito. 

Agora o grupo encabezado por Dieter Egli e Mark Sauer, da Fundación de Células Nai de Nova York (EUA), utiliza outra fórmula maxistral máis refinada para facer o mesmo pero achegando máis esta técnica á práctica clínica pois obtiveron células produtoras de insulina clonando fibroblastos (células da pel) dunha muller de 32 anos que levaba 10 anos con diabete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario