Non culpe ao exceso de cloro. A verdadeira causa que explica esta molestia son as cloraminas, un composto químico que se xera pola presenza de ouriños e suor na auga. "As cloraminas fórmanse cando o cloro libre reacciona con compostos ricos en nitróxeno, e ocorre que ouriña e suor son ricos neste elemento. De modo que, cando o cloro libre entra en contacto con eles, a súa produción acelérase", explica o investigador do Internet Interdisciplinary Institute (IN3), da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), Hug March.
O exceso de cloraminas, segundo narra o científico do IN3, repercute nunha menor presenza de cloro libre, cuxo poder desinfectante é moi superior ao daquelas, polo que a cantidade de xermes na piscina increméntase. "Se a piscina cheira demasiado forte, deixe o baño pata outro día. E dea prioridade ás que fan uso da auga do mar", conclúe Hug March. Por suposto, para necesidades íntimas, use sempre o baño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario