SLIDER

martes, 19 de julio de 2016

O primeiro disco duro atómico


Movendo átomos de cloro de sitio, un grupo de investigadores holandeses e españois creou un disco duro atómico no que se pode gravar, ler e regrabar datos. Esta memoria é dun kilobyte (KB), pequena, pero a maior lograda en dúas dimensións. A súa segunda achega é a enorme densidade do almacenamento atómico: multiplica por 500 a capacidade dos sistemas actuais. Iso si, require dunha tecnoloxía tan avanzada e unhas condicións tan extremas que tardará en chegar aos computadores domésticos.

O físico teórico e futuro premio Nobel, Richard Feynman, dixo o 29 de decembro de 1959: "Non vexo nada nas leis físicas que impida construír computadores enormemente máis pequenos do que son agora". Aquela conferencia chamábase Ao fondo hai moito sitio (There's Plenty of Room at the Bottom, no inglés orixinal) e é considerada o momento fundacional da nanotecnoloxía.



No hay comentarios:

Publicar un comentario