O seu nome é UGC 1382 e ten un diámetro, nin máis nin menos, que de 718.000 anos luz, máis de sete veces o da Vía Láctea, a galaxia na que nós vivimos, e máis de dez veces o tamaño que se lle atribuíu ata agora. Pero o máis estraño non son as súas enormes dimensións, senón a súa estrutura. De feito, mentres que as demais galaxias teñen as súas estrelas máis vellas no centro e as máis novas na periferia, nesta sucede exactamente ao revés. O estudo publicarase proximamente en The Astrophysical Journal.
UGC 1382 está a 250 millóns de anos luz da Terra e resultou ser unha das tres maiores galaxias de disco xamais descubertas (un disco en rotación no que as estrelas se forman lentamente debido á baixa densidade do gas que o forma). Pero a maior sorpresa foi que as idades relativas dos compoñentes da galaxia estaban ao revés.
Os investigadores suxiren no seu estudo que isto podería deberse a que UGC 1382 é, en realidade, o resultado da fusión de dúas galaxias diferentes e que evolucionaban de forma independente antes de unirse nunha soa. O resultado da fusión foi unha estrutura xigantesca, aínda que non demasiado estable. En palabras de Seibert, "é tan delicada que mesmo o menor dos empuxóns de calquera veciño podería facer que se desintegre".
No hay comentarios:
Publicar un comentario