SLIDER

domingo, 17 de julio de 2016

Captan por primeira vez unha cota de neve de auga extraterrestre


Un equipo de astrónomos conseguiu observar, por primeira vez, a cota de neve de auga ao redor dunha estrela nova que está a empezar a formar o seu propio sistema planetario. A captura da imaxe polo telescopio ALMA (Atacama Large Millimeter/submillimeter Array) en Chile foi posible grazas a un impactante aumento do brillo da estrela V883 Orionis, que empuxou esta liña de xeo, onde a temperatura e a presión son o suficientemente baixas como para conxelar a auga, a unha distancia brutal de 6.000 millóns de km, aproximadamente o tamaño da órbita de Plutón no noso Sistema Solar.

As estrelas novas a miúdo están rodeadas por densos discos giratorios de gas e po, coñecidos como discos protoplanetarios, dos cales nacen os planetas. A calor do astro fai que a auga que hai dentro dos discos estea en forma de gas ata distancias de ao redor de 3 UA (unidades astronómicas) -3 veces a distancia media entre a Terra e o Sol -, uns 450 millóns de quilómetros, fronteira onde as moléculas de auga pasan a formar unha pátina de xeo sobre grans de po e outras partículas. Esa rexión coñécese como a liña ou cota de neve.


En 2013, investigadores do Centro de Astrofísica do Harvard-Smithsonian en Cambridge, Massachussetts, lograron capturar outra primeira liña de neve extraterrestre, pero esa era de monóxido de carbono (CO), non de auga, como si é a que aparece agora en Nature. «A liña de neve de CO é moito máis fría e por tanto atópase moito máis lonxe da estrela e é máis fácil de detectar. A de neve de auga é moito máis importante porque a auga ten un papel fundamental para a formación de planetas, ademais de ser fundamental para a vida na Terra», explica Cieza a ABC. «A Terra ser formou no interior da cota de neve (máis preto do Sol que esta liña), e por tanto con moi pouca auga. Só o 0,02% da masa do planeta é auga. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario