A centos de quilómetros do continente, os arquipélagos portugueses deAzores e Madeira constitúen un hábitat pouco accesible para insectos propios de ecosistemas continentais como as libélulas, de tal xeito que nelas só se teñen asentado aquelas especies “que demostraron ter unhas capacidades de dispersión extraordinarias”, como sinala o investigador de Enxeñaría Forestal da UVigo Adolfo Cordero. Mais, a pesares de que neles residen poucas especies, estes arquipélagos contan con “xoias biolóxicas” como a Ischnura hastata, unha especie que en Azorespresenta o o único caso no mundo de libeliña partenoxénética, reprodución a partires de femias exclusivamente.
Afondar nas características das diferentes especies que residen nestes arquipélagos e contribuír a dar a coñecer a súa biodiversidade é o obxectivo de As libélulas dos Açores e Madeira, o libro que Cordero elaborou xunto co profesor da Universidade dos Azores Virgílio Vieira.
Onde están os machos? Foi, na década de 1990, cando se atopaba realizando a súa tese de doutoramento sobre unha libélula do xénero Ischnura en Galicia, cando este investigador tivo constancia dun artigo de Jean Belle e Jan van Tol, no que se formulaba a hipótese de que as poboacións desta especie nas Azores eran partenoxenéticas, “xa que ninguén atopara nunca un macho”. Mais non sería ata dez anos despois cando este investigador, xunto co italiano Carlo Utzeri, profesor da Universidade de Roma e prologuista deste libro, puido constatar, primeiro sobre o terreo e despois co análise das femias no laboratorio, que efectivamente estas libélulas son partenoxenéticas. “Esta especie está en América, desde o sur de Canadá ata Ecuador, e mesmo nas illas Galápagos, mais en todas partes ten reprodución sexual, agás en Azores, por iso ten unha grande transcendencia”, sinala este investigador, que actualmente atópase estudando un caso similar nasillas Fiji, no Pacífico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario