Imaxina ter a oportunidade de poder contar cun fragmento da Lúa ou un meteorito decorando o salón de casa. Parece imposible, pero non o é. Catawiki, a plataforma de poxas online, puxo en marcha unha das poxas de meteoritos máis importante ata a data. A poxa conta con 85 lotes que suman un total de 192 aerolitos únicos e que foron atopados en Exipto, Rusia, Libia, Marrocos, Arxentina e outros moitos países.
Desde o pasado venres e ata o vindeiro domingo 16 de setembro é posible participar. Pódense atopar pezas que oscilan desde os 150 euros dunha acondrita africana de 53,10g recuperada en 1960 tras unha das choivas de meteoritos máis importantes observada no continente, ata os 9.800 euros por unha Ureilita (meteorito rochoso) de sete quilos e medio de peso e que foi achado no deserto de Sudán.
Unha das pezas estrela desta poxa chega desde A Lúa e estímase que poida alcanzar ata os 8.000 euros. Trátase dun fragmento de roca lunar de case un quilo e medio de peso que foi atopado en 1998 no deserto de Libia. Tras un estudo realizado por un instituto da NASA verificouse que a composición era igual ao de varias pezas traídas nos voos á Lúa do Apolo 14 e 16.
No hay comentarios:
Publicar un comentario