A Axencia Espacial Europea (ESA) publicou un catálogo con dous millóns de estrelas, na que é a maior mostra de obxectos celestes ata a data.
Todas elas foron analizadas por «Gaia», un satélite que comezou o seu labor científico en 2014 e que ata 2019 tratará de elaborar o mapa tridimensional máis detallado da Vía Láctea. Para iso, está previsto que «Gaia» determinará o brillo e a posición exacta no firmamento de ao redor de 1.142 millóns de estrelas.
A sonda vai equipada con dous sofisticados telescopios que lle permitirán medir a posición e a velocidade das estrelas cunha precisión 200 veces superior ao anterior satélte, Hipparcos, que tiña esta tarefa. Segundo afirmaron na rolda de prensa, a potencia dos instrumentos permitiríanlle a «Gaia» fotografar desde a Terra a cara dunha moeda depositada na lúa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario